Benigno Redondo Grela, o presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Estacións de Servizo de Pontevedra (Aeesp), incorpórase ao novo Comité Executivo de Ceees. É a primeira vez que Galicia conta cun representante na entidade que reúne á inmensa maioría das empresas do sector das estacións de servizo de España.


A incorporación prodúcese nun momento crucial no que se aveciña un horizonte infestado de cambios e transformacións que afectarán de forma directa ao futuro das actuais estacións de servizos

Entre outras cousas, no pasado Consello de Ministros e, a pedimento do Ministerio para a Transición Ecolóxica decidiuse modificar a Lei de Hidrocarburos para que as estacións de servizo teñan liberdade á hora de instalar un punto de recarga. Isto supón que a partir de agora, cada gasolineira poida dispoñer de puntos de recarga que sexa dun operador diferente ao que ofrece.

Esta incorporación como vogal do novo Comité Directivo é visto dende Aeesp “como un ecoñecemento ao peso de Pontevedra no conxunto de Galicia e á traxectoria persoal de Benigno Redondo”.

Fuente: http://www.ecodixital.com/post.php?id=13160